X. M. Ferro Formoso
Escribo dende a miña propia visión do mundo, dende as miñas vivencias e emocións; nesa intimidade reside a fonte máis profunda do significado da miña obra, sempre coa mirada posta no neno que levo dentro.


Biopic
X. M. Ferro Formoso
Seudónimo


Nome real
Xosé María López Fernández
Ano e lugar de nacemento
1980 - As Pontes de García Rodríguez, A Coruña (Galicia)
Profesión
Documentalista e Técnico en Xestión do Patrimonio Cultural.
Obras publicadas
Terror Mortis, 2025
Intereses e aficcións
Patrimonio Cultural Material e Inmaterial.
Ler en galego e castelán: thrillers históricos de intriga e misterio, novelas de realismo máxico e ciencia ficción, ensaios, etc.
Camiñar polo monte, descubrindo paisaxes esquecidas.
Mergullarme no mar como bo piscis, xunto á miña familia e desfrutar cada momento da súa compaña.
Xogar a videoxogos (cada vez menos).
Devorar series e filmes en calquera plataforma dixital.
Sobre min
Quen é X. M. Ferro Formoso?
Son unha persoa que entende a literatura como unha ponte entre a memoria dos nosos devanceiros e o presente. Interésame dar a coñecer historias que quedaron soterradas na noite dos tempos e que teñen a súa orixe no máis profundo da nosa identidade colectiva, inspiradas na Galiza decimonónica, nas súas lendas e tradicións, e no misterio que latexa en cada pedra deste recuncho do mundo.
Como te decidiche a escribir a túa primeira novela?
Sempre me interesou a investigación sobre o noso pasado. Do mesmo xeito que hoxe, tamén houbo épocas de cambios profundos, de loitas sociais e de tensións que, ao igual ca nós, marcaron tamén aos nosos devanceiros. A miña primeira novela, Terror Mortis, xorde da miña fascinación por ese mundo xa esquencido, que mestura investigación histórica, misterio e un pulso narrativo que procura atrapar o lector.
Que crees que caracteriza a túa escrita?
Escribo dende as miñas propias vivencias e emocións, coa convicción de que a literatura debe conmover e facer reflexionar. Interésame moito o detalle histórico, mais tamén a emoción íntima que conecta o lector cos personaxes. Para min, a escrita é un diálogo entre a memoria e a imaxinación, unha ponte que une dúas realidades aparentemente distantes, mais fondamente iguais.
Que pode agardar alguén que se achegue ás túas novelas?
Creo que, sobre todo, ofrezo intriga, personaxes con alma e unha verdadeira viaxe ao pasado que, en realidade, nos fala do presente. A miña intención é que cada novela non se limite a contar unha historia, senón que entrelace distintas realidades e personaxes, permitindo que o lector viaxe ao pasado da Galiza e se mergulle plenamente na súa atmosfera.

